17 MAIO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA E A TRANSFOBIA
- INNOVA desarrollo sociocultural
- 29 abr 2015
- 1 Min. de lectura
Cada 17 de maio celébrase, xunto co día das letras galegas, o día internacional contra a homofobia e a transfobia. Coma todos estes anos, a concellaría de servizos sociais do Concello da Coruña, organiza unha serie de actividades. Nesta ocasión pequenos e maiores poderemos disfrutar dun contacontos: "O papaventos vermello" a cargo do grande Ramiro Neira de Artestudio Teatro, e dun ciclo de cine que rematará coa proxección, nos Cantones Cines, de "Una nueva amiga", o galardoado filme do director francés François Ozon. Poucas veces podemos ir de balde ao cine, así que aproveita e recolle a túa invitación para o cine no Centro cívico municipal de Labañou. Dende aquí desexámosvos que o pasedes en grande coas actividades e que deixedes un pequeno espazo para a reflexión. Aquí vai a programación:

Comments